Chisan · Tendas

Atopa produtores próximos para a túa tenda

Axudámosche a atopar produtores próximos para a túa tenda e a contar á clientela a orixe do que vendes.

En Km 0, escolle o teu concello e a distancia para ver que se produce preto.

A primeira selección e o seu QR son gratis. Sen tarxeta.

O que verá quen te visite

Os produtores da nosa tenda

Comparte a selección cun QR xunto ao expositor. A clientela pode abrir as fichas e gardar os descubrimentos.

Exemplo ilustrativo con fichas reais do catálogo. Non representa provedores dun local nin participantes dunha feira.

  1. 01

    Atopa

    Explora o mapa desde o teu concello e filtra por quen vende a profesionais. Consulta as condicións directamente con cada produtor.

    Buscar produtores ↗
  2. 02

    Escolle

    Ponlle nome á selección e engade produtores. Podes comezar sen fotos nin documentos.

  3. 03

    Comparte

    Conta a orixe do que serves ou vendes coa túa selección e o seu QR. Podes actualizala sen volver imprimilo.

Pro para o teu negocio

Falemos do teu proxecto

Axudámosche a atopar produtores próximos para a túa tenda e a presentar a súa orixe no teu espazo, cunha ligazón e un QR.

Estamos dando forma a esta proposta. Cóntanos onde está o teu negocio, que produtos buscas e como queres presentar a súa orixe.

Quero saber máis

hola@chisan.app

A primeira selección e o seu QR son gratis. Sen tarxeta.